sábado, 21 de abril de 2018

Ciclo de charlas sobre Saude e Muller

                                        Charlas sobre saúde  e muller
Co inicio da primavera comezan as gañas de parolar, debatir, informanos e por iso desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeotemos previstas unhas serie de charlas abertas ao público en xeral e centradas en diversas problemáticas que teñen que ver coa saúde das mulleres.
 
O vindeiro 26 de abril  teremos con nós a sexóloga Martina González Veiga que impartirá unha charla-obradoiro sobre a  “Sexualidade da muller nas diferentes idades”. O que aprendemos sobre sexualidade lévanos a entendela dende un modelo reprodutivo, no que hai uns pasos que seguir que culminan co coito e o orgasmo. Esta concepción entendida como a única forma, ou o xeito máis gozoso de ter sexo lévanos a crenzas erróneas sobre a sexualidade das persoas adultas maiores, coma a de que todas son heterosexuais, con parella estable e coas mesmas prácticas, ou que as persoas maiores non teñen relacións sexuais a partires dunha idade. Mitos coma que as mulleres coa idade teñen menos desexo, e o medo e a vergoña a falar desde tema, dificultan a vivencia positiva e satisfactoria. Como o coñecemento é poder, esta actividade pretende achegar recursos para desaprender o que nos contaron que nos tiña que pasar e gustar, e aprender a pensar no que nos gusta e nos vai ven. Esta charla será o 26 de abril   ás 20.00h no Teatro. 
 
E no mes de maio, comezaremos o luns 7 de maio ás 18:00h tamén no Teatro coa psicóloga da Asociación Española contra o Cancro de Lugo, Carmen Rubiños que nos falará do “ Impacto emocional da diagnose oncolóxica” , como xestionala a propia persoa, e xs familiares. Tamén se informará do novo serizo de atención psicolóxica gratuita a pacientes oncolóxicos e os seus familiares na Mariña lucense, situado en concreto en Burela que ven de poñer en marcha a AECC.
 
E remataremos o mes de maio, de novo coa tamén psicóloga, pero especializada en sexoloxía , Martina González Veiga na que tratará o tema de “ Sexualidade e Cancro, claves para unha xestión positiva”. Esta charla terá lugar o xoves 31 de maio ás 20.00h no Teatro. Este obradoiro pretende plantar a semente do amor cara unha mesma e do autocuidado, como punto de partida para xestionar a nosa sexualidade do xeito que queiramos e nos veña ben, dende o poder que nos da o coñecemento. Crearase  un espazo seguro de aprendizaxe, diversión e goce no que se adquirirán  ferramentas para vivir mellor e facer fronte as dificultades sexuais.
 
As charlas son abertas a toda a cidadanía. Agardámosvos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

El  curso de cestería,y yoga ;que estaba programado para abril,no lo realizaremos por falta de disponibilidad de los monitores  ...informare...